← Volver a Explorar

NUN FÍO DE AUGA

Autor del poema: Francisco Domínguez Romero
O sol mexe os ramos... 7
Só atento á beleza, 8
un fío de auga 5
escolle os clareiros 7
perlados de orballo, 7
e cae con estrondo 6
da pena escarpada. 7
E só a cada pouco 7
a ra sae a seco. 6
Acada o seu cumio 7
na verde eminencia 7
da pedra que aflora. 7
Só se é percibida 7
oculta o seu medo. 7
O sapo, cando ela, 7
é un seixo rolado 7
na herba enlodada. 7
Fala alto, enleado 7
no verbo da terra, 6
á trémula chama 6
do sol de setembro. 6
E gostan sen taxa, 6
nas verdes descidas 6
amadas do sapo, 6
o hálito fresco 6
da terra orballada; 7
a parva ledicia 6
do vento na herba... 6
Como non é doado 6
pór orde na fraga. 6

Análisis métrico

30 Versos
6.5 Media silábica
196 Sílabas totales